sábado, 16 de junio de 2018

A SEMANA DA FROITA


Estas dúas últimas semanas tivemos froita de temporada para merendar no recreo.....


Qué rica estaba toda!!!!

Comemos plátanos, cereixas, melocotóns, peladillos, paraguaios, ameixas, amorodos....

Aquí deixamos un vídeo dos nosos nenos/as disfrutando da froita





viernes, 25 de mayo de 2018

AS FROITAS DE TEMPORADA

Adentrados xa no final de curso temos un novo mural no noso cole:

AS FROITAS DA TEMPADA


Gracias a el podemos coñecer que froitas podemos comer en cada estación do ano:

PRIMAVERA


AGUACATE, LIMÓNS, NÍSPEROS, LARANXAS, AMORODOS, CEREIXAS, PLÁTANO, ALBARICOQUE, FRAMBUESA 

VERÁN


UVA, CEREIXA, MELOCOTÓN, AMEIXA, PERA, LIMÓN, SANDÍA, MELÓN, MAZÁ, MEMBRILLO, ANANÁS, PLÁTANO, PARAGUAIO.

OUTONO


PERA, MAZÁ, MEMBRILLO, CAQUI, POMELO, AGUACATE, MANDARINA, GRANADA, MANGO, NOZ, CASTAÑA, LARANXA, KIWI, PLÁTANO

INVERNO


LARANXA, MANDARINA, KIWI, LIMÓN, AGUACATE, PLÁTANO.

martes, 1 de mayo de 2018

O FROITÓMETRO

Este mes damos comezo a unha nova actividade no cole:


O FROITÓMETRO


A través do froitómetro seremos conscientes de canta froita comemos ao longo da semana e do mes.
A última semana do cole faremos un ranking para coñecer que curso foi o que máis froita consumiu ao longo do mes de maio e de xuño, xa que non nos esquezamos que cada clase formades un gran equipo.

MOITO ÁNIMO E QUE A FROITA VOS ACOMPAÑE!!!!

domingo, 18 de marzo de 2018

A TENDA DE ROSA

Os nenos/as de 5º de educación infantil traballaron o conto de "A Tenda de Rosa" un conto ideal para fomentar o desenvolvemento da linguaxe e por suposto para traballar as froitas.

Aquí deixamos o gran traballo que fixeron estes pequenos coa axuda da súa mestra titora.


miércoles, 28 de febrero de 2018

lunes, 19 de febrero de 2018

UNHA MACEDONIA DE ENTROIDO




Este ano decidimos adicar o entroido ao mundo das froitas, todas as clases foron disfrazadas dunha froita ou hortaliza.
Que divertido era chegar ao cole e ver froitas por todos os lados, a verdade é que a máis de un entraronnos ganas de coller unha peza e comela.
Ademais aproveitando que estábamos coas nosas mellores vestimentas, fomos actores por un día!!!
Grabamos un video para promover o consumo da froitas e hortalizas que tantos beneficios nos aportan para levar unha vida saudable. 
Aquí deixamos un pequeno avance da música do noso lipdub 





Nas próximas semanas veremos o resultado final de dita aventura.


lunes, 13 de noviembre de 2017

BENVIDOS AO MUNDO APAIXONANTE DAS FROITAS

Este ano dende o cole queremos sumerxirnos no mundo das froitas, un alimento fundamental para o noso organismo.
Ao longo deste ano coñeceremos as vantaxes do consumo das mesmas, que nos aportan e por qué son tan importantes no noso día a día....
Atréveste a acompañarnos nesta aventura e namorarte delas e dos seus beneficios?